jueves, 13 de marzo de 2014

CONCIERTO DIABOLUS



Este viernes día 14 , a las 21 horas en la Catedral de Ourense, concierto del grupo vocal francés DIABOLUS IN MUSICA. Entrada libre.

Desde a súa fundación en 1992, Diabolus in Musica dedicouse ao estudo e á interpretación da música do Medievo, desde o canto gregoriano ás grandes obras polifónicas do século XV, pero especialmente ás dos séculos XII e XIII.
O seu traballo de investigación bebe directamente dos manuscritos da época e céntrase en obras e repertorios inéditos. Os programas que elaboran son froito desa investigación rigorosa, na que a música se interpreta tendo en conta o contexto social, histórico e artístico, así como a mentalidade e a sensibilidade da época.
Diabolus in Musica foi convidado aos festivais máis importantes de Francia: Ambronay, Saintes, Royaumont, Fontevraud e Cité de la Musique, pero tamén doutros moitos países, como Holanda, Alemaña, Bélxica, Italia, España, os países escandinavos e América do Sur
A súa discografía recibiu numerosos premios e o recoñecemento da crítica internacional, destacando especialmente a gran personalidade do grupo e as interpretacións innovadoras. Diabolus in Musica reúne músicos e cantantes que colaboran xuntos de forma regular e que achegan a súa personalidade ao grupo, o que sen dúbida é a clave do éxito dos concertos.
Antoine Guerber dirixiu Diabolus in Musica desde os inicios, alá polo ano 1992. O interese e paixón pola Idade Media e polo repertorio musical dese período levouno a estudar no Centre de Musique Médiévale de París e no Département de Musique Ancienne do Conservatoire National Supérieur de Lyon. Tras pasar varios anos formando parte de distintos grupos, como Gilles Binchois, Organum e Ensemble Jacques Moderne, Antoine Guerber estableceu a súa residencia en Tours, no val do Loire, para dedicarse totalmente ao seu conxunto: Diabolus in Musica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario