O coro do colexio e os alumnos de 4º e 5º de primaria, acudimos á Praza Maior para conmemorar o Día das Letras Galegas xunto con escolares de distintos colexios de Ourense.
Unha festa de exaltación da nosa lingua con cancións, bailes e poemas onde o coro interpretou dúas cancións tituladas "Canción do cuco" e "Eu son..." mentras que Harryson, alumno de 4º de primaria, interpretou un rap composto por el. Uns grandes artistas!Non deixedes de ver o video da actuación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario