sábado, 2 de julio de 2016

CONCERTO AMIGOS DA CORAL DE RUADA E PRESENTACIÓN DO CD "DE RUADA ENTRE AMIGOS"



Un ano máis, quero agradecer á Coral de Ruada, en nome do Colexio Padre Feijoo Zorelle, o feito de ter convidado ao noso coro a compartir neste acto música, infancia e tradición. 

Porque nada hai máis importante para manter viva a historia dos pobos e a súa cultura que implicar nela aos máis pequenos, e se iso se fai desde a maravillosa canle da nosa música tradicional, o resultado é inmellorable.
GRAZAS, de corazón, pola amosar tanta sensibilidade e amor pola nosa terra, a nosa querida Ourense. 
Un agradecemento especial para Emilio por estar sempre aí apoiándonos, animándonos e facendonos as cousas fáciles
Grazas a Ana polo seu agarimo e sensibilidade cos máis pequenos.
E grazas, por suposto para Xoan Antón, magnífico director e mellor músico. Unha persoa moi humana que sorprendeu a nosa coralista Adriana no día dos seu aniversario animando a cantar a todo o teatro o "Cumpleanos feliz".
GRAZAS AMIGOS!!!









Grazas tamén a Xesús por recoller, unha vez maís, os mellores momentos do concerto coa súa cámara. Aquí tenéis os vídeos do concerto grabados polo noso cámara favorito.

"Maneo de Caión"

"Amazing grace"

"Cumpleaños feliz"

Neste concerto tivo lugar a presentación do CD "De Ruada entre amigos" no que , o coro do noso colexio,participou na gravación da "Cantarela" xunto a outros coros infantís. Un orgullo participar neste magnífico traballo. 



A prensa recolle imaxes do concerto