jueves, 18 de diciembre de 2025

NADAL NA PRAZA DE ABASTOS

O coro do cole, esta mañá,  felicitou o Nadal a todos os ourensáns visitando a Praza de abastos e así contaxiar o espírito do Nadal a toda a cidade. 

¡Felices festas, Ourense!



















 

sábado, 17 de mayo de 2025

DANZA NA PRAZA 2025

Onte un grupo de alumnos e alumnas de Primaria participou na xornada Danza na Praza 🕺🏻💃🏼, unha actividade organizada no marco dun seminario intercentros de música e danza tradicional galega 🎶
A praza encheuse de música, movemento e emoción 🎻✨: arredor de 400 nenos e nenas 👧🏽🧒🏼 bailaron e cantaron diferentes pezas da tradición galega para celebrar as Letras Galegas 📚🌸.
A xornada rematou cun momento moi especial: unhas danzas dirixidas por Arthur, coreógrafo das Tanxugueiras ⭐🔥, que puxo a toda a praza a bailar co seu ritmo e enerxía!
Un ambiente fantástico 🌟, cheo de alegría, tradición e moita paixón pola nosa cultura 🎭❤️
A tradición está máis viva ca nunca!